Buscas un aloxamento para grupos en Ourense? En Grelo Hostel ofrecémosche un espazo cómodo, céntrico e con todas as facilidades para que o teu equipo ou grupo goce dunha estancia agradable e sen complicacións. O noso albergue conta con 32 prazas distribuídas en habitacións múltiples, dous dormitorios de 10 prazas e un terceiro dormitorio de 12 prazas. Aloxamento para grupos en Ourense perfecto para equipos deportivos, grupos culturais ou escolares que visiten a cidade.
⚽ Ideal para equipos deportivos
Cada tempada recibimos clubs e asociacións que veñen competir ou adestrar en Ourense. Ofrecémoslles unha contorna tranquila e funcional, con almorzo incluído e a posibilidade de contratar cátering ou concertar comidas e ceas nunha cafetería próxima.

Equipo deportivo aloxado no Grelo Hostel, Judo Lugokan, de Lugo na previa do seu torneo
🎶 Tamén para grupos culturais e escolares
Escolas, coros ou asociacións culturais atopan en Grelo Hostel un aloxamento práctico e acolledor, con espazos comúns onde reunirse, descansar ou planificar actividades.
📍 En pleno centro de Ourense
Estamos situados no corazón da cidade, moi preto das principais instalacións deportivas, zonas culturais e de lecer. Todo a un paso para que o voso grupo aproveite ao máximo a estancia

Preparando a próxima saída do teu grupo a Ourense?
En Grelo Hostel axudámosche a que todo sexa fácil: aloxamento céntrico, habitacións múltiples, almorzo incluído e atención personalizada. Xa sexa un equipo deportivo, un grupo cultural ou escolar, atoparás o equilibrio perfecto entre comodidade e prezo.
👉 Solicita o teu orzamento para grupos e asegura a mellor estancia en Ourense.
