Grelo Hostel preséntavos un roteiro alternativo para entrar na cidade de Ourense.
Sabemos por experiencia e por vos comentarios do 99% dos peregrinos que se aloxan connosco Xunqueira de Ambía- Ourense é unha das etapas máis duras do Roteiro Sanabresa pola cantidade de asfalto que hai que transitar. Hai que atravesar un polígono industrial (San Cibrao de Viñas), un comercial (Polígono de Barreiros) e finalmente varios quilómetros dentro da cidade de Ourense.
Así que aproveitando que o Barbaña pasa por Ourense e hai un carreiro que transcorre nas súas beiras, que está moi ben preparado polo Concello de Ourense e vai en paralelo á Avenida de Zamora, que é a rúa por onde se entra á cidade facendo o camiño. Grelo Hostel convídavos a que o aproveitedes.
É un roteiro que é un carreiro de terra o 95% do tempo, circulando baixo o manto protector da vexetación de ribeira, hai bos exemplares de salgueiros (salgueiro cincento), amieiros (amieiros) e bidueiros (bidueiro branco). Tamén podemos ver lavancos (anáde real), lavandeiras (lavandeiras) e ver non tanto, pero si escoitar o trino do carrizo (chochín)
Para coller o carreiro hai que estar relativamente atentos. Ao saír de Seixalbo e antes de entrar en Ourense, vese un cruzamento, para máis sinal hai un supermercado.
Hai que coller rúa abaixo para chegar ata o carreiro fluvial, unha vez estase nel, non se para
E aquí viramos á dereita
Ata que se chega a un punto onde hai que cruzar unha estrada, que é ben visible.
Crúzase polo paso de peóns.
Unha vez estase no outro lado, as bicicletas poden ir pola marxe dereita do río, hai unha rampla para acceder a ela e é máis fácil para estes vehículos.
Os peregrinos a pé poden ir pola marxe esquerda baixando unhas escaleiras.
Unha vez que se está de novo no carreiro, continúase ata que volve aparecer unha estrada de asfalto
Vense os piares dunha gran ponte e hai que coller esa rúa cara á dereita.
Aquí acaba o roteiro alternativo para entrar na cidade de Ourense. Xa estades practicamente no centro, só queda chegar ao Grelo.
Para chegar ata o Grelo Hostel, ascéndese a costa en paralelo á ponte, avánzase ata que se chega a un cruzamento no que xusto enfronte, está o Xardín do Posío. Aquí vírase á dereita, e no seguinte semáforo á esquerda para acceder a rúa Coruña. Ascéndese por ela, mantendo ao Xardín do Posío no lado esquerdo. Pasades un primeiro cruzamento, e no seguinte cruzades cara á esquerda, rúa arriba, Rúa Pena Trevinca. Nuns minutos veredes a entrada do Grelo Hostel.