Dispoñemos de 3 dormitorios espazosos e contiguos, con capacidade para un total de 32 prazas, con portas de comunicación interiores.
Dormitorio Enxebre: con 10 camas en 5 literas
Dormitorio Buen Camino: con 10 camas en 5 literas
Dormitorio As Burgas: con 12 camas en 6 literas
Aínda que se trata de dormitorios compartidos e mixtos, coidamos a distribución de prazas e ofrecemos tarifas especiais para peregrinos, grupos ou familias e que compartan unha boa experiencia de convivencia con outros hóspedes na medida do posible.
Con vistas á cidade, contan con ventás que permitan a ventilación diaria e a entrada de luz natural. Para un ambiente máis relaxado durante a noite, dispoñen de persianas e varias lámpadas de pé con luz cálida.
As camas individuais están en liteiras grandes e robustas (90×200 cm, que soportan ata 100 kg de peso).
A roupa de cama individual é un xogo de sabas de algodón.
Na recepción podes solicitar as mantas ou edredones.
Cada liteira está acompañada de modernas mesitas-taquilla de modo que cada hóspede poida ter gardadas as súas pertenzas a man con chave individual e con capacidade inclusive para equipaxe de man (40 x 40 x 55 cm).
Consulte en recepción os nosos servizos de garda-equipaxe para equipaxes máis grandes ou de lavandería.
Como punto de recarga para móbiles, tablets ou calquera dispositivo do cliente, dispoñen de enchufe preto de cada cama.
Baños / aseos
Próximos aos dormitorios, o albergue conta con 2 baños compartidos e diferenciados (masculino e feminino).
Contan cun espazo amplo para o aseo de varias persoas á vez con lavabos, espellos e dispensadores de xabón e toallas de papel.
En cabinas individuais, para maior comodidade e intimidade, distribúense os retretes con papel hixiénico e as duchas con dispensadores de champú.
Se o necesitase, pode solicitar en recepción toallas de ducha (con fianza de 5 euros) e secador de pelo.